sábado, 2 de octubre de 2021

OUTUBRO E OUTONO ... ACABAN DE EMPEZAR.


 CADA DÍA  DA SEMANA XOGAMOS E APRENDEMOS :
- COAS PROFES  LORENA,  INÉS E SANDRA,  E COS PROFES , MANUEL E IVÁN , QUE FAN AS SÚAS CLASES MOI DIVERTIDAS.
- XA TEMOS FUNCIONANDO A NOSA BIBLIOTECA , PEPATECA, E PODEMOS LEVAR O QUE NOS GUSTE A CASA NA FIN DE SEMANA. 
-  NOS RECANTOS, USAMOS UN SISTEMA DE ROTACIÓN, DE XEITO QUE AO FINAL DA SEMANA PASAMOS POR TODOS. 

ESTAMOS EN OUTUBRO , O OUTONO AVANZA E A NATUREZA CAMBIA, PERCORREMOS A NOSA CONTORNA BUSCANDO ELEMENTOS INDICATIVOS  DESTES CAMBIOS E ATOPAMOS MOITOS: FOLLAS NO CHAN, SETAS, LANDRAS, CASTAÑAS, AS CABAZAS QUE SEMENTAMOS O CURSO PASADO... XUNTO CON  PRECIOSOS DETALLES QUE DESCUBRIMOS OBSERVANDO 
FOI UNHA BOA OCASIÓN PARA ESTREAR AS NOSAS BOTAS DE AUGA E TAMÉN PARA FACER LIMPEZA, SEMPRE ATOPAMOS LIXO E CABICHAS DE CIGARROS, PARA NÓS É IMPORTANTÍSIMO COIDAR A NATUREZA, TEREMOS QUE FACER ALGO  PARA REMEDIAR ISTO. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario