miércoles, 24 de marzo de 2021

5 SENTIDOS

 DENDE A BIBLIOTECA CHEGOUNOS  UN  LOTE DE LIBROS QUE NOS FALAN SOBRE OS 5 SENTIDOS: VISTA, OLFATO, GUSTO, OUVIDO E TACTO, ACOMPAÑADOS DA TAREFA DE APRENDIZAXE CIENTÍFICA.


DITA TAREFA  CONSISTE EN REALIZAR ALGUNHA ACTIVIDADE NA QUE O SENTIDO A ELIXIDO SEXA O PROTAGONISTA. A NÓS CORRESPONDEUNOS    O SENTIDO DA VISTA .

 PARA DESENVOLVELA REALIZAMOS 3 ACTIVIDADES :

1- XOGAMOS A “VEXO VEXO”( VEXOVEXO, QUE VES? , UNHA COUSIÑA, E QUE COR TEN?). UN XOGO MOI POPULAR QUE NOS ENCANTA, NO QUE TEMOS QUE FIXARNOS NAS CORES DAS COUSAS QUE NOS RODEAN. A COR  É UNHA CUALIDADE QUE SÓ SE PODE PERCIBIR COA VISTA.

2-  TAMÉN XOGAMOS AO DOMINÓ DE SOMBRAS  E COMPROBAMOS QUE O CEREBRO RECORDA AS FORMAS APRENDIDAS . FOMOS CAPACES DE "VER" OBXECTOS ONDE SÓ HABÍA SILUETAS. 



3- PERO TAMÉN APRENDEMOS QUE A VISTA  PODE ENGANARNOS E FACER QUE NON  CAPTEMOS A REALIDADE TAL COMO É , FOI DIVERTIDO COMPROBALO COAS SEGUINTES ILUSIÓNS ÓPTICAS.  ISO DE  "VER PARA CRER" NON SEMPRE É CERTO.



NESTA IMAXE NUN PRINCIPIO  VIMOS PUNTIÑOS NEGROS, PERO PECHANDO UN POUCO OS OLLOS APARECE UNHA CARA DEBUXADA.



NESTA IMAXE VIMOS PUNTOS NEGROS E BRANCOS NOS CRUCES DAS LÍNEAS, PERO EN REALIDADE SÓ HAI PUNTOS BRANCOS.




NESTA IMAXE VIMOS OS CÍRCULOS DO FONDO DE  CORES DIFERENTES, CANDO EN REALIDADE SON TODOS DA MESMA COR.


NA SEGUINTES IMAXES A VISTA  ENGÁNANOS E FAINOS PARECER QUE SE MOVEN, CANDO EN REALIDADE NON O FAN.




 E , NESTA ÚLTIMA, TIVEMOS QUE USAR UNHA REGRA PARA COMPROBAR QUE AS LÍNEAS VERMELLAS NON ESTÁN CURVADAS, SON LÍNEAS RECTAS, AÍNDA QUE AO NOSO CEREBRO NON O PERCIBA ASÍ.



No hay comentarios:

Publicar un comentario