O DÍA 29 DE NOVEMBRO , NUN PASEO POLO MONTE XALO , ATOPEI UNHA CHARCA DE AUGA E LAMA CON OVOS DE RA E CABEZOLOS. TRASPASEI UNS POUCOS AO NOSO ESTANQUE COA ESPERANZA DE QUE SE CRIASEN NEL E ASÍ PODER OBSERVAR O CRECEMENTO E A METAMORFOSE DOS MESMOS. O ESTANQUE TEN AUGA DE CHUVIA E MATERIA ORGÁNICA NATURAL PROPIA DO LUGAR.
DOS OVOS SAÍRON UNS CABEZOLOS PEQUERRECHIÑOS E OS OUTROS SEGUEN A MEDRAR, PARECE SER, SEN PROBLEMA. O XOVES METÉMOLOS NUN RECIPIENTE DE CRISTAL PARA OBSERVALOS MELLOR ANTES DE IRNOS DE VACACIÓNS. QUE ATOPAREMOS Á VOLTA?
PARA TER UNHA IDEA DO QUE ACONTECERÁ, SE TODO VAI BEN, AÍ VAI UNHA PEQUENA EXPLICACIÓN .
No hay comentarios:
Publicar un comentario