DESPOIS DE EXPLORAR A ESCOLA POR FÓRA E POR DENTRO , XOGAMOS A FACER ESTIMACIÓNS E COMPROBACIÓNS. PRIMEIRO SOBRE CANTAS PORTAS TERÁ A NOSA ESCOLA APROXIMADAMENTE? CADA QUEN DEU A SÚA OPINIÓN E , COMO NON SABIAMOS A RESPOSTA ACERTADA, TIVEMOS QUE SAIR A EXPLORAR DE NOVO POÑENDO AÍ A NOSA ATENCIÓN. DESCUBRIMOS QUE NO COLE HAI 13 PORTAS DE DIFERENTES CORES.
OUTRO DÍA REPETIMOS A ACTIVIDADE COAS VENTÁS, CANTAS HABERÁ? SERÁN TODAS IGUAIS? PRIMEIRO DIXEMOS O NÚMERO QUE NOS PARECÍA E LOGO COMPROBAMOS O DATO CORRECTO. DESCUBRIMOS QUE O NOSO COLE TIÑA 23 VENTÁS DE DIFERENTES TAMAÑOS.
ESTÁ CLARO QUE NON PENSABAMOS QUE HOUBESE TANTAS PORTAS E VENTÁS NUNHA ESCOLA PEQUENIÑA COMO A NOSA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario