HOXE VENRES, PODIAMOS ELIXIR A NOSA MERENDA . DECIDIMOS FACER ZUMES DE FROITA VARIADA COA LICUADORA, XA QUE SON RIQUÍSIMOS E SANÍSIMOS. ASÍ TAMÉN NOS QUITAMOS O MAL SABOR QUE NOS DEIXARON OS PLÁTANOS AO FORNO DO MARTES...QUE NINGUÉN DIGA QUE A FROITA NON MOLA!
CADA QUEN LLE BOTOU O QUE QUIXO, PERO COA ANSIA DE USAR A LICUADORA CASE SEMPRE PUXERON DE TODO O QUE HABÍA.
ACOMPAÑAMOS O ZUME CUNHAS AMÉDOAS PARA PICAR. OS FROITOS SECOS SON UNHA FONTE DE CARBOHIDRATOS ESTUPENDA BAIXA EN AZÚCARES , EN VINSEIRA ENCÁNTANNOS.
COCIÑAR NA ESCOLA FOI UN PRACER , ASÍ QUE TEREMOS QUE REPETIR A EXPERIENCIA!! E VÓS FAMILIAS, ANIMÁDEVOS A FACELO TAMÉN, É UNHA FORMA ESTUPENDA DE COMER SAN E REDUCIR O USO DE ENVOLTORIOS DUN SÓ USO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario