LEVAMOS UN TEMPO XA NO QUE TODAS AS SEMANAS FACEMOS UNHAS SESIÓNS DE FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA, ÁS VECES EN GRUPO, OUTRAS EN PARELLA OU INDIVIDUALMENTE . NALGUNHAS DISPOÑEMOS OS ELEMENTOS A FOTOGRAFÍAR, NOUTRAS SIMPLEMENTE EXPERIMENTAMOS. ESTÁN SACADAS POLOS NENOS E NENAS ESCOLA , CON OU SEN A MIÑA AXUDA E SUPERVISIÓN, USANDO UNHA CÁMARA REFLEX DIXITAL, MÓBIL E IPAD. O CASO É QUE SACAR FOTOS ESTÁ CHUPADO , OU ISO PARECE, SÓ HAI QUE DARLLE AO BOTÓN; PERO LOGO , CANDO AS VEMOS EN CLASE RECOÑECEMOS PERFECTAMENTE AS QUE ESTÁN CORTADAS, DESENFOCADAS OU MOVIDAS . E AÍ ESTÁ A APRENDIZAXE!! IMOS EMPEZAR A PUBLICAR ALGUNHAS DAS SERIES FEITAS , NESTE CASO PODEDES VER REFLEXOS CARAS A TORRE, SOMBRAS , TÚNEL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario