viernes, 15 de febrero de 2019
ARTE EN ACCIÓN
A TAREFA DA BIBLIOTECA DESTA SEMANA PARTE DO LIBRO PIENSA Y CREA COMO UN ARTISTA, DE AÍ VEU A NOSA INSPIRACIÓN. OS NENOS E NENAS ELIXIRON FACER ESCULTURAS DE XEO CON ELEMENTOS NO SEU INTERIOR. PUXÉMONOS A PENSAR E DECIDIMOS USAR LUVAS PARA QUE O XEO TIVERA FORMA DE MAN, RECHEÁMOLAS CON AUGA TINGUIDA E COUSIÑAS QUE ATOPAMOS NO RECANTO DE ARTE. POR SUPOSTO HOUBO QUE METELAS NO CONXELADOR UNHA NOITE ENTEIRA. ADEMÁIS DEIXAMOS PREPARADO NO AREEIRO UNHA MONTAÑA DE AREA PARA MONTAR ALÍ A NOSA OBRA DE ARTE E ASÍ NON MOLLAR A CLASE AO DERRETERSE.
AO DÍA SEGUINTE ABRIMOS AS LUVAS E AS PEZAS DE XEO ERAN BEN BONITAS, AÍNDA FALTANDO ALGÚN DEDO. DEIXÁMOLAS NA MONTAÑA DE AREA LISTAS PARA A SÚA TRANSFORMACIÓN.
A PARTIR DESTE MOMENTO A OBRA DE ARTE COBROU VIDA E FIXO A SÚA TRANSFORMACIÓN SEN QUE NÓS ACTUÁSEMOS SOBRE ELA.
E FINALMENTE CONVERTEUSE EN ALGO TOTALMENTE NOVO E DIFERENTE...NADA QUE VER CO QUE NÓS IMAXINAMOS. LEVOUNOS DOUS DÍAS, PERO FOI ...EMOCIONANTE!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario