HOXE FIXEMOS NA ESCOLA UNHA EMPANADA GALEGA E LOGO , Á HORA DA MERENDA, ZAMPÁMOLA TODIÑA.
A EMPANADA GALEGA É UN ALIMENTO TÍPICO DA NOSA GASTRONOMÍA E CON ELA EMPEZAMOS A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE COMIDAS DO MUNDO .
O CERTO É QUE AOS NENOS E NENAS LLES ENCANTOU E O MEU QUERIDO XOÁN PEDÍUME QUE ESCRIBISE A RECEITA NO BLOGUE PARA PODER FACELA NA CASA , ASÍ QUE AÍ VAI:
- 2 LÁMINAS DE MASA DE EMPANADA REFRIXERADA.(MELLOR AÍNDA SE A FACEDES VÓS)
- 3 CEBOLAS MEDIANAS.
- MEDIO PEMENTO VERMELLO E MEDIO VERDE.
- UN CHISCO DE SAL
- 1 LATA DE ATÚN
POCHAMOS AS CEBOLAS E OS PEMENTOS MOI PICADIÑOS ,CUN CHISCO DE SAL, DESPOIS ENGADIMOS O ATÚN . MONTAMOS A EMPANADA FACENDO UN FURADO NO MEDIO E CERRANDO OS BORDES . SÓ QUEDA COCELA NO FORNO.
ÁNIMO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario