Feliz Día do Libro!
Para conmemorar este día, marchamos á Choeira a compartir con todo o CRA unha sesión de contacontos por parte da Ramona Dragona. Pero cun toque especial: contabamos coa presenza de Pilar, a ilustradora do conto "A pedra do Cerco" que, mentres a Dragona contaba, Pilar ilustraba as súas palabras. Fixeron unha fusión artística xenial e quedou este resultado.
Despois, fixemos variedade de talleres rotativos relacionados: un de marcapáxinas, procura do tesouro, contos con Chroma, conto viaxeiro e taller de rimas locas.
E para coller forzas, un almorzo en comunidade e un rato de patio xuntos!
Dia do Libro na Choeira on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario