O martes 14 fomos ao Palacio da Ópera da Coruña a ver o concerto do sexteto de corda chamado "Arcos Iris". A profe Mabel explicounos antes de ir cómo se chamaban os diferentes instrumentos de corda cos que ían tocar: viola, violín, violoncello e contrabaixo. Ademais alegrámonos de ver de novo a Ally, unha membro do grupo Arcos Iris que é a mamá dos nosos antigos compañeiros Alec e Elia.
Tocaban diferentes melodía e tiñamos que adiviñar qué sentimento transmitía cada unha delas: ledicia, tristeza, medo, sono ou enfado.
Foros super divertidos e nós pasámolo xenial!
Concerto Arcos Iris no Palacio da Ópera on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario