viernes, 3 de marzo de 2017

Visita dos av@s 2: Pilis, as avoas de Andrés 23/02/2017

Hoxe aceptaron a nosa invitación as dúas avoas de Andrés: a avoa Pili de Castelo e a avoa Pili do Temple.

Como estamos na víspera do Entroido, tiveron unha moi boa idea e viñeron a facer con nós un sabroso taller de rosquillas de Entroido. Primeiro nos explicaron os ingredientes que necesitabamos para facer a masa e despois misturamos todos. Cando a masa xa estaba feita, puxémonos man á obra a facer rosquillas. Despois escribimos entre todos na pizarra os ingredientes que empregamos, por si algún de nós quería facelas nas súas casas.

E sí: as probamos. E sí: estaban boíiiiiiiiiismas!

Moitas grazas pola vosa visita, avoas Pilis!

Visita avoas de Andrés (taller de rosquillas de Entroido) on PhotoPeach

Cumple Sarai 23/02/2017

Hoxe está de cumple a nosa compañeira Sarai! Cumple 4 anos! Outra pequena que se nos fai maior....

FELICIDADES COMPAÑEIRA!



Día de Rosalía 17/02/2017

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Pero... quen foi Rosalía?

En Internet atopamos información sobre a súa infancia, a súa vida, as súas viaxes e as súas obras. Foi unha persoa moi importante para Galicia e para o galego.

Por isto, desde o ENDL, tiñamos que escribir cadanseu verso do poema Eu cantar, cantar, cantéi  e sacarmos unha foto co verso e mais, posto que xa está aquí o Entroido, cunha careta de Rosalía.

Xuntaremos os versos de todas as escolas do CRA e pronto veredes o resultado.

A ver se sodes quén de coñecernos?

jueves, 2 de marzo de 2017

Visitas dos av@s 1: Antonio, o bisavó de Aurora 16/02/2017

Hoxe aceptou a nosa invitación o bisavó de Aurora, o Sr. Antonio.

Viña cunha bolsa vermella chea de cousas. Estivo contando cómo foi a súa vida cando era zapateiro e facía e amañaba zapatos. E de dentro da súa bolsa sacou... UN PAR DE ZAPATOS DE NENO ANTIGOS! Vímolos, tocámolos, ulímolos, investigámolos... Non se parecen en nada aos que levamos hoxe en día!

O Sr. Antonio tamén trouxo unhas ferramentas que utilizaba para facer e amañar os zapatos. Explicounos para qué servían cada unha delas, cómo tiñamos que collelas e cómo se usaban.

Moitas grazas pola visita, bisavó Antonio!



2ª visita de Malauva 16/02/2017

Outra vez está aquí Malauva! VIVAAAAAAAA!!Volveu chegar verde co esforzo, miña pobre....

Traía enmarañada na testa unha cola de serea e na man unha que levabamos días buscando por ela... A NOSA COLA DE SEREA!!! A de Vinseira chámase MAR SALGADA, pero a que traía Malauva (que era a da serea máis importante de Illa Fantasía) viña sen nome... ¿Poñémoslle nós un? Votamos entre todos, e o favorito foi PRECIOSA. Cada un tivo que compoñer con cuños o nome nun papeliño e decoralo, para despois colgalo da cola da serea e darlle así o novo nome.

Para avisar en Illa Fantasía de que xa atopamos as colas, tivemos que pintar pedras de cores e brillantes para que o seu destello cheguase até alí. Qué vos parecen?




Que nova tarefa nos traerá Malauva na seguinte visita?? ADEUS MALAUVA! VOLVE PRONTO!





Facemos zume de laranxa na escola 07/02/2017

Vaites, vaites con este temporal!!

Esta fin de semana pasou por Galicia un temporal fortísimo. Tan forte, que tirou ao chan a laranxeira que tiña Taylor na súa casa. E como estaba cargadiña de laranxas, Taylor aproveitou e trouxo á escola unha bolsa chea!!

Que podemos facer con tantas laranxas??? pois claro...COMELAS!! Pero habería que pelar moitas e teñen a pel moi, moi dura....

E se facemos zume con elas?? PERFECTO!! Un exprimidor, un pouquiño de azucre e LISTO!

Visita da Bruxa Malauva 26/01/2017

Pero quen aterrou na nosa escola?? É A BRUXA MALAUVA de Illa Fantasía!!

Co temporal que fixo estes días, perdeu o rumbo 1do camiño, desestabilizouse da súa vasoira e foi caer ao carón da nosa escola. Púxose verde e todo do esforzo que tivo que facer!

Como se achega o Día da Paz, traía palabras bonitas para aprender, pero co golpetazo e o temporal romperon polo camiño. Foron aparecendo dun paracaídas máxico que traía e despois tivemos que montalas de novo para poder lelas e aprendelas.

Tamén nos regalou un mandala de Illa Fantasía para colocar os que fixemos nós e celebrar así o Día da Paz.

Que visita máis guai! VOLVE PRONTO, MALAUVA!

martes, 31 de enero de 2017

Visita de Maruxa e Pepiño (ContiCRA do Día da Paz)

Volveron Maruxa e mais Pepiño! Viñeron de visita á escola a traernos un conto novo titulado "Maruxa" e mais uns ingredientes para preparar no forno máxico:
- Auga
- Sal
- Fermento
- Fariña
Misturamos todo, metemos no forno, pronunciamos as palabras maxicas e.... MAXIA!! A mistura convertiuse en boliños de pan!! Tamén nos deixaron un bote de Nocilla para botarlle aos bolos e comelos na hora da merenda. Estaban riquíiiiiiiiiiiiiisimos!!

Moitas grazas Maruxa e Pepiño! Encántanos as vosas visitas. Volvede pronto!!

ContiCRA Día da Paz on PhotoPeach