viernes, 18 de marzo de 2016

VISITA AO XARDÍN BOTÁNICO DE CULLEREDO

Os nenos e nenas de Vinseira, xunto cos compañeiros do CRA, visitamos o xardín botánico de Culleredo. Gustounos moito a experiencia porque plantamos dúas árbores ás que lle tivemos que poñer nome!. Custounos un pouco tomar a decisión, pero ao final decidimos chamarlles Manolo e Pepito!. Ademais, tíñannos moitas actividades alí preparadas e ata unha obra de teatro!! Pasámolo xeniiiiaal!!!!

miércoles, 28 de octubre de 2015

DECORAMOS CABAZAS!

Outro ano máis eleximos decorar as nosas cabazas, e como no conticra do Samaín o conto levaba por título "Tres Fantasmas", e tiñamos 3 cabazas, decidimos entre todos convertilas en fantasmas, este foi o resultado...

lunes, 26 de octubre de 2015

jueves, 22 de octubre de 2015

CHEGA O SAMAÍN!

Seguimos a traballar as simetrías.Unha das actividades que fixemos co motivo da celebración do Samaín foi facer simetrías de morcegos.Quedaron moi simpáticos!

martes, 13 de octubre de 2015

XOGAMOS NO OUTONO

Nesta sesión de asamblea pasámolo xenial, fixemos matemáticas dunha forma diferente, estivemos clasificando elementos do outono.

viernes, 9 de octubre de 2015

SIMETRÍAS CON FOLLAS DE OUTONO

Seguimos a traballar cas follas de outono que os nenos van traendo, esta vez fixemos simetrías cas follas, e gustolles moito, mentres os de 3 anos rasgaban follas para facer un collage.