AMPLIAMOS A NOSA TENDA CREANDO UNHA SECCIÓN DE ROUPA INTERIOR , ESA QUE NON SE VE E QUE TODAS E TODOS USAMOS, COLLEMOS AS PRENDAS NAS NOSAS BOLSAS DE MUDAS. POR HIXIENE , A ROUPA INTERIOR NON SE PODE PROBAR NEN DEVOLVER . NELAS, TAMÉN ATOPAMOS CALZADO E USAMOS UNS ANDEIS PARA FACER A ZAPATARÍA. APRENDEMOS A ENVOLVER CALCETÍNS, UN EXERCICIO MOI INTERESANTE PARA DESENVOLVER HABILIDADES COAS MANS E XOGAMOS A MERCAR COUSAS CONTANDO O QUE COSTAN E CALCULANDO AS VOLTAS.
A BIBLIOTECA CREATIVA PRESTOUNOS A DOC, UN ROBOT MOI RÁPIDO E SIMPÁTICO, IDEAL PARA COMPRENDER A PROGRAMACIÓN ROBÓTICA.
O MESTRE IVÁN TROUXO NOVIDADES DE PURA TARTARUGA: VIMOS AS SOMBRAS QUE CREARON AS FAMILIAS E ENSINOUNOS O QUE PASA CANDO TIRAMOS COUSAS POLO VATER. ADEMAIS, PROPÚXONOS UNHA ACTIVIDADE DE MÉTODO CIENTÍFICO PARA ENTENDER POR QUE NON DEBEMOS TIRAR TOALLIÑAS E OUTROS RESIDUOS POLO INODORO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario