ESTA SEMANA FOI MOI EMOCIONANTE ... PASARON TANTAS COUSAS EN VINSEIRA:
AS EIRUGAS DE SEDA EMPEZARON A FACER OS CASULOS, A MOUCHA DO XALO COMUNICOUSE CON NÓS ( ESCRIBÍMOSLLE CARTAS E CONTESTOUNOS, DEIXÁMOSLLE AGASALLOS E CAMBIOUNOLOS POR PEQUENOS TESOUROS) , CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS E SOUBEMOS QUEN ERA LUISA VILLALTA, TIVEMOS CABEZOLOS NA ESCOLA (AGORA XA ESTÁN DE NOVO NA SÚA POZA)... E POR RIBA , HOUBO QUE SUSPENDER A ROMARÍA POR MOR DA CHOIVA... TOTAL, UNHA SEMANIÑA CURTA PERO CHEA DE SORPRESAS !!
CON ESTE GENIALLY INTERACTIVO FEITO POLO NOSO EDLG , ENTENDEMOS O QUE REPRESENTA CADA OBXECTO DO TARRO DAS LETRAS GALEGAS 2024 E A RELACIÓN QUE TEÑEN COA AUTORA HOMENAXEADA ESTE ANO.
XOGADE CON NÓS CLICANDO NA IMAXE DE LUISA VILLATA
👇👇👇👇👇
No hay comentarios:
Publicar un comentario