FACER EXERCICIO É FUNDAMENTAL PARA TER BOA SAÚDE. LEVAMOS UN TEMPO PENSANDO O DISEÑO DUN CIRCUITO DE MOVEMENTO PARA O PATIO E , ADEMAIS, FABRICAMOS O XIZ EN CLASE PARA PODER PINTALO.
O CONTO QUEDOU ASÍ: SAÍMOS EN COCHE CARA Á PRAIA ... OLLO COAS CURVAS! , CHEGAMOS! A AREA... QUEIMA, SALTAMOS AS ONDAS DO MAR, COLLEMOS CUNCHAS, PISAMOS POMPAS, CHEGA A TORMENTA E CORREMOS VELOCES COMA SONIC, SALTAMOS A MARIOLA E REMATAMOS DANDO VOLTAS NO XIRASOL... FÁLTANOS O ÚLTIMO TRAMO... PERO XA SABEMOS COMO VAI SER.
A MOUCHA CONTESTOU Á NOSA CARTA, FIXÉMOSLLE UN AGASALLO DOS QUE LLE GUSTAN A ELA , COUSAS DA NATUREZA E PAPEL BRILLANTE, E... E ELA DEIXOUNOS PEDRAS PRECIOSAS!
O MARTES FOMOS Á FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN PARA COLABORAR NUNHA INSTALACIÓN SONORA PREPARADA POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL. ÁS NENAS E NENOS GUSTOULLE MOITO PARTICIPAR , EXPERIMENTAR E EXPLORAR TODAS AS POSIBILIDADES DE ACCIÓN DA INSTALACIÓN , QUE NON ERAN POUCAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario