domingo, 10 de marzo de 2024

8 MARZO , DÍA DA MULLER

 ESTA SEMANA REFLEXIONAMOS SOBRE O PAPEL DA MULLER NA NOSA SOCIEDADE A PARTIR DO CONTO A FAMILIA DOS PORCOS  , QUE TRATA DO COIDADO DO FOGAR E DA FAMILIA E DOS ROLES APRENDIDOS . 

COA NOSA BARALLA DA IGUALDADE COMPROBAMOS QUE AS NAIS, AVOAS, PAIS ,AVÓS , FILLOS E FILLAS, COLABORAN NO COIDADO DA CASA E DA FAMILIA, PERO A MAIORÍA DAS TAREFAS AÍNDA  RECAEN  NAS MULLERES . TAMÉN TEMOS MODELOS DIFERENTES ENTRE O NOSO ALUMNADO, ONDE OS HOMES SE ENCARGAN DO COIDADO NO DÍA A DÍA . 


CON DANIELA PIRATA VIMOS O EXEMPLO DE COMO SER MULLER PODE  SER DE SEU UNHA BARREIRA PARA ALCANZAR CERTAS METAS, AÍNDA TENDO A PREPARACIÓN E A CAPACIDADE NECESARIAS. A ÚLTIMA PÁXINA DO LIBRO , CON ESA DANIELA TRIUNFADORA, CAPITANA, SATISFEITA E FELIZ, SERÁ A INSPIRACIÓN PARA O  MURAL COLECTIVO QUE TEMOS EN MARCHA.


ADEMÁIS , TODO O ALUMNADO DO CRA PARTICIPOU NA CREACIÓN DOS DADOS 8M, NOS QUE CADA QUEN LEMBROU A UNHA MULLER QUERIDA E A SÚA PROFESIÓN, FALANDO DA IMPORTANCIA DA MESMA E DA EMOCIÓN QUE NOS PROVOCA, REPRESENTÁNDOA GRÁFICAMENTE.
 PENDURÁMOLOS NA CLASE PARA TELOS MOI PRESENTES.



 E XA PARA REMATAR , PODEDES VER O VÍDEO DAS PROPOSTAS, XOGOS , CREACIÓNS E ACTIVIDADES DE TODA A SEMANA.





No hay comentarios:

Publicar un comentario