ESTA SEMANA DISFRUTAMOS DA NOSA MESA DO SAMAÍN, XOGAMOS, TOCAMOS, MOVEMOS, PESAMOS ..., OS SEUS ELEMENTOS. VIMOS COMO SE ESCRIBÍAN ALGÚNS DELES E APROVEITAMOS A ESCURIDADE DE PRIMEIRA HORA PARA EXPLORALA COAS CANDEAS E LANTERNAS.
PREPARAMOS OS CESTIÑOS DO MAGOSTO E XOGAMOS A ADIVIÑA QUE...?, TIVEMOS QUE ESCOITAR CON MOITA ATENCIÓN O TEXTO DAS ADIVIÑAS PORQUE AÍ ESTABAN AS PISTAS, LOGO COMPROBAMOS SE ACERTAMOS , BUSCANDO A SOLUCIÓN, OCULTA CON PINTURA QUE TIVEMOS QUE RASCAR.
TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ENCHENDO DE LIBROS OS NOSOS ANDEIS, COMEZANDO OS PRÉSTAMOS DE AULA E LENDO CADA DÍA UN CONTO NOVO DO MALETÍN VIAXEIRO.
ADEMAIS FIXEMOS UNHA CADEA DE ZONCHOS DE VINSEIRA PARA XUNTAR COAS DAS OUTRAS ESCOLAS E LEVALA AO PARQUE DE CELAS, REPRESENTANDO AO NOSO COLECTIVO DE CRA CULLEREDO. VIMOS NO GOOGLE EARTH ONDE ESTABA A NOSA ESCOLA E COMO SE VAI AO PARQUE DE CELAS. NO PARQUE SINALAMOS AS ZONAS IMPORTANTES E A ENTRADA DO REGO DA XESTEIRA..
REMATAMOS A SEMANA CUNHA ESTUPENDA FESTA DO MAGOSTO... PERO ESA HISTORIA CONTÁMOSVOLA OUTRO DÍA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario