sábado, 20 de mayo de 2023

TRAXES ENCAPSULADOS

 UN DOS PRODUTOS FINAIS DO PROXECTO DE XASTRES , FOI A CONFECCIÓN DE 5 TRAXES MOI ARTÍSTICOS E  ESPECIAIS:  

- PÓDENSE MONTAR/ DESMONTAR E COMBINAR , COMO PEZAS DUN PUZZLE.

- ESTÁN FEITOS CON SOBRANTES DE TEAS, DOADAS POLAS FAMILIAS.

- LEVAN BOLSAS DE PLÁSTICO REUTILIZADO QUE GARDAN RETAZOS DA VIDA  DE CADA FAMILIA, PEQUENOS OBXECTOS DE DESFEITO QUE REPRESENTAN OS VOSOS OFICIOS, PROFESIÓNS E AFICIÓNS .

A IDEA NACE NUNHA FORMACIÓN DO PROFESORADO,  DA MAN DE  DIEGO VALEIRAS, ARTISTA PLÁSTICO E DESEÑADOR DE VESTIARIO ESCÉNICO.

 A CREACIÓN DOS TRAXES FOI UN TRABALLO COLABORATIVO ENTRE PROFESORADO, FAMILIAS E ALUMNADO. POIDESTES VER O RESULTADO FINAL O DÍA DA ROMARÍA.

ESTE VÍDEO ILUSTRA  A COLABORACIÓN DO ALUMNADO DE VINSEIRA. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario