sábado, 22 de abril de 2023

PRANTAMOS CABAZAS

 ESTA SEMANA PRANTAMOS AS SEMENTES DE CABAZA QUE TIÑAMOS GARDADAS DENDE SAMAÍN. CON PARTE DELAS ,  FIXEMOS UN SEMILLEIRO E , COA OUTRA,  FIXEMOS A HORTA. 

NESTA OCASIÓN AXUDOUNOS PACO, O AVÓ DE ANITA, A PREPARAR A TERRA E ARRINCAR AS HERBAS MALAS, O TRABALLO MÁIS DURO XA QUE HAI QUE TER FORZA E MAÑA. NÓS LIMPAMOS AS HERBAS, FIXEMOS OS REGOS , BOTAMOS O FERTILIZANTE QUÍMICO ( NESTA OCASIÓN NON TIÑAMOS COMPOST) , SEMENTAMOS, TAPAMOS CON TERRA , REGAMOS E CLAVAMOS OS PAOS A MODO DE PECHE. 

FOI UN TRABALLO COLABORATIVO NO QUE TODAS E TODOS AXUDAMOS CON GANAS E ILUSIÓN. ISO QUE  CREO QUE METEMOS A PATA ( O QUE É NON SABER) PORQUE O FERTILIZANTE NON DEBERÍA ESTAR EN CONTACTO COAS SEMENTES. ASÍ QUE XA VEREMOS QUE PASA...   













No hay comentarios:

Publicar un comentario