MENTRES ESTABAMOS A CELEBRAR O DÍA DA PAZ, FOMOS CONSTRUÍNDO UN ESPAZO NO QUE ESTAR EN CALMA : CONTARNOS SEGREDOS , PREOCUPACIÓNS, DARNOS APERTAS, COMPARTIR RISAS... PARA FACELO, USAMOS DÚAS MESAS , TEAS GRANDES , PINZAS E FITAS DE CORES, COAS QUE AS NENAS E NENOS ACTUARON LIBREMENTE. A IDEA FOI MEDRANDO E AO FIN CONSTRUÍRON A SÚA " CABANA DA PAZ" .
ESTA SEMANA SUZANA, UNHA DAS NOSAS MAMÁS, VEU A VINSEIRA FACER UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CO PROXECTO D´XASTRES. ELA CREA BONECOS E XOGUETES CON TEAS (FIELTRO) , ALGO QUE EMPEZOU COMO AFECCIÓN PERO QUE NESTE MOMENTO É A SÚA ACTIVIDADE PROFESIONAL. TROUXO MATERIAL E IDEAS PARA RENOVAR O NOSO MURAL DE ANIVERSARIOS : UN CAMPO CHEO DE FLORES CUNHAS ABELLIÑAS MOI ESPECIAIS. ADEMÁIS REGALOUNOS UN PANAL ONDE VIVE UNHA LINDA ABELLIÑA, QUE DIN QUE SE CHAMA GUADA, JAJA. MIL GRAZAS SUZANA, POLA TEU TEMPO E XENEROSIDADE!
ESTAMOS A REMATAR AS NOSAS IDEAS APARCADAS DA PROPOSTA ROUPA CREATIVA. A DERRADEIRA, ERA FACER UNHA ARAÑA E, APROVEITANDO UN PANTALÓN NEGRO DE POLIPEL, PUXÉMONOS MANS Á OBRA. USAMOS ARAME PARA DARLLE FORMA, UN MATERIAL MALEABLE E NOVIDOSO QUE HAI QUE MANEXAR CON COIDADO.
TAMÉN EMPEZAMOS COA TRANSFORMACIÓN DAS CAMISETAS BRANCAS EN TRAXES DE ENTROIDO, ACTIVIDADE Á QUE NOS ADICAREMOS DE CHEO A VINDEIRA SEMANA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario