ESTA SEMANA ESTIVEMOS A FALAR DA TEMPERATURA .
TROUXEMOS DIFERENTES TERMÓMETROS Á ESCOLA E MEDIMOS A TEMPERATURA CORPORAL, A TEMPERATURA EXTERIOR, A DA AUGA DA BILLA …EXPERIMENTANDO OBSERVAMOS COMO A MARCA SUBÍA E BAIXABA COMA UN COHETE AO PASAR DA AUGA QUENTE Á AUGA FRÍA , FIXEMOS NUBES NUN ESPELLO CO VAPOR DA AUGA FERVIDA .
COMPROBAMOS QUE A NOSA PEL TAMÉN FUNCIONA COMA UN TERMÓMETRO , A TRAVÉS DELA PODEMOS RECOÑECER O FRÍO E A CALOR.
REMATAMOS A SEMANA XOGANDO CO XEO, FACÉNDOO DESLIZAR COMO NUNHA PISTA DE PATINAXE E MARCANDO GOLES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario