ADEMÁIS DA TAI, DO LIBRO CON EL TIEMPO SACAMOS UNHA IDEA : CO TEMPO AS SOMBRAS CAMBIAN.
PUXEMOS NUNHA MESA AO SOL PEZAS DE DIFERENTES FORMAS E DEBUXAMOS A CONTORNA DAS SÚAS SOMBRAS. OBSERVAMOS QUE, EFECTIVAMENTE, AS SOMBRAS MOVÍANSE, SAÍANSE DAS LÍNEAS DEBUXADAS, ALONGÁBANSE E CAMBIABAN DE LADO AO LONGO DA MAÑÁ, ...PERO CADA DÍA Á MESMA HORA , ÁS 10:50 h ENCAIXABAN DE NOVO DENTRO DO DEBUXO.
OBSERVAMOS TAMÉN QUE O SOL SEMPRE SAE POLO MESMO SITIO E AO LONGO DA MAÑÁ VAISE DESPRAZANDO CARA AO MESMO LADO.
A PARTIR DESTAS OBSERVACIÓNS E REFLEXIÓNS CREAMOS UN RELOXIO SOLAR: DEBUXAMOS AS LÍNEAS DA SOMBRA DA AGULLA E ANOTAMOS AS HORAS, DESPOIS CADA DÍA COMPROBAMOS QUE A SOMBRA CADRABA COA HORA. OS PRIMEIROS RELOXIOS QUE EXISTIRON FUNCIONABAN ASÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario