viernes, 24 de septiembre de 2021

CONTANDO E CANTANDO

 CONTANDO E CANTANDO PASAN OS DÍAS .  REMATAMOS O PERÍODO DE ADAPTACIÓN E  COMEZAMOS CO HORARIO DO  PROFESORADO ESPECIALISTA , QUE XA COÑECEMOS PORQUE NOS ACOMPAÑOU  NESTA PRIMEIRA ETAPA.

CONTINUAMOS FACENDO ACTIVIDADES PARTINDO DA MOTIVACIÓN QUE XENERAN OS CONTOS E A MÚSICA. CON FROITAS, CHIBOS CHIBÓNS E CUATRO ESQUINITAS DE NADA. FIXEMOS XOGOS, ESCENIFICACIÓNS, FIGURAS XEOMÉTRICAS E UN PRECIOSO MURAL COLECTIVO QUE  ADORNA AS PAREDES DA NOSA AULA.

COMO XA ESTAMOS  NO OUTONO, LIMPAMOS E ACONDICIONAMOS O NOSO PEQUENO ESTANQUE , DEIXÁNDOO PREPARADO PARA RECOLLER A AUGA DA CHOIVA.


AQUÍ VOS DEIXO UNHA VERSIÓN DOS CHIBOS CHIBÓNS MOI DIVERTIDA DE VER E DE FACER, COMPUXEMOS O ESCENARIO CON ELEMENTOS QUE ATOPAMOS NO RECANTO DE CONSTRUCCIÓN.


E PARA REMATAR , PODEDES CANTAR EN CASA A CANCIÓN DAS FIGURAS XEOMÉTRICAS. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario