O DÍA NON ESTIVO BONITO, PERO NÓS PASÁMOLO BEN.
EMPEZAMOS O DÍA XOGANDO , NON DEIXAMOS DE ATOPAR CORES E ARCOS DA VELLA POR TODAS PARTES...
VIMOS DE NOVO O VÍDEO GRABADO CON LINGUA DE SIGNOS COAS MIÑAS MANS PUBLICADO NO BLOGUE DE MÚSICA VIAXANDO POR ALALÁ. NEL TAMÉN ATOPAREDES TODAS UNHA RECOPILACIÓN DE TODAS AS CANCIÓNS DAS CLASES DA PROFE LORENA .
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇
VIMOS O LIBRO DIXITAL DA PEPATECA, QUE RECOLLE TODO O TRABALLO FEITO NA BIBLIOTECA , TANTO NAS AULAS COMO CELEBRACIÓNS E PDI.
👇👇👇👇👇👇 👇👇👇👇
DISFRUTAMOS MOITÍSIMO COA REPRESENTACIÓN DO CONTO UN FINAL INESPERADO , POR FAVOR NON VOLO PERDADES PORQUE É UNHA XENIALIDADE.
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇
SEGUIMOS CUNHA FESTA BAILE , PINCHANDO AS NOSAS CANCIÓNS PREFERIDAS. ESTE CURSO O BULE BULE DE PACO NOGUEIRAS CONVERTEUSE NO NOSO HIMNO...
MAQUILLAMOS AS NOSAS MANS, COMO DESPEDIDA DO PDI 5 ESTÁ NA NOSA MAN, CON CERAS FOSFORESCENTES E DESPOIS FOMOS AO CUARTO ESCURO PARA VER COMO ALUMABAN COA LANTERNA DE LUZ NEGRA.
NO CUARTO ESCURO TAMÉN FIXEMOS O SORTEO DO REPARTO DE TRABALLOS COLECTIVOS...
ASÍ REMATAMOS A XORNADA, CUNHA FOTO DE GRUPO FORA DO RECINTO, EN COMPAÑÍA DAS FAMILIAS PARA AGRADECER A COLABORACIÓN DAS MESMAS E DESPEDIR A BRUNO E MIRIAM CUN FORTE APLAUSO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario