miércoles, 9 de junio de 2021

5 CAMBIOS NA NATUREZA

ESTE CURSO  FOMOS OBSERVANDO MES A MES OS CAMBIOS DALGUNHAS DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS QUE TEMOS NO PATIO: CERDEIRA, CASTIÑEIRO, CARBALLO E NOGUEIRA. 
 POIDEMOS COMPROBAR COMO ÍAN CAMBIANDO CO PASO DO TEMPO E DAS ESTACIÓNS: SECARON AS FOLLAS NO OUTONO, CAERON NO INVERNO, XERMOLARON NA PRIMAVERA E ALGUNHAS ATA DERON FROITO CHEGANDO AO VERÁN. 
 TAMÉN PUIDEMOS VER A METAMORFOSE DOS CABEZOLOS PARA FACERSE RÁS NO NOSO ESTANQUE ; E, A DAS EIRUGAS DE SEDA, QUE SE CONVERTERON EN AVELAÍÑAS. 

A NATUREZA SEMPRE É INSPIRADORA , FOMENTA A CURIOSIDADE E AS GANAS DE APRENDER, É UN LUXO PODER TELA NA NOSA CONTORNA DÍA A DÍA. 
 CON ESTA ACTIVIDADE GENIALLY PODEMOS XOGAR A ORDEAR CRONOLÓXICAMENTE 5 MOMENTOS DE CAMBIO OBSERVADOS NA ESCOLA ... ESTE CURSO TODO XIRA EN TORNO AO NÚMERO 5, O NOSO NÚMERO ESPECIAL.

( PARA VELO EN GRANDE PICADE NOS ...)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario