GRAZAS AO LIBRO CULLEREDO , QUE NOS ACHEGOU A BIBLIOTECA NESTA NOVA TAREFA, COÑECEMOS OS LUGARES MÁIS EMBLEMÁTICOS DO NOSO CONCELLO.
DAS CINCO PROPOSTAS ELIXIDAS POLAS FAMILIAS, EN VINSEIRA ESCOLLEMOS O REGO DA XESTEIRA PARA VISITAR E INVESTIGAR.
O REGO DA XESTEIRA É UN ROTEIRO SITUADO NA PARROQUIA DE CELAS DE PEIRO.
TRANSCORRE A CARÓN DO RÍO, NUN PRECIOSO ESPAZO NATURAL CHEO DE VEXETACIÓN AUTÓCTONA QUE, COMO DI JULIA, RELAXA A CALQUEIRA.
NESTE ROTEIRO PODEMOS ATOPAR 11 MUÍÑOS ANTIGOS , NELES AÍNDA SE APRECIAN PARTES DOS MESMOS . DALGÚNS MESMO PODEMOS COÑECER O NOME.
SEN GRAN DIFICULTADE E UN PAR DE HORAS ANDANDO, PODEDES DISFRUTAR DESTE ROTEIRO AQUÍ MESMO, EN CULLEREDO, E PODEDES TER UNHAS FOTOS TAN CHULAS COMA ESTAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario