ESTE DÍA TAN ESPECIAL GÚSTANOS CELEBRALO XUNTANDO A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CRA PARA FACER UNHA XORNADA BEN ESPECIAL. COMO NON É POSIBLE, O EQUIPO DE BIBLIOTECA PROPÚXONOS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO DENDE AS NOSAS AULAS.
A TRAVÉS DAS TAREFAS DE APRENDIZAXE DA BIBLIOTECA, O ALUMNADO DO CRA CREOU UN CONTO ECOLÓXICO TITULADO CINCO. CO MÉTODO DO CONTO VIAXEIRO CADA ESCOLA FOI APORTANDO UNHA PARTE DO SEU DESENVOLVEMENTO.
POSTERIORMENTE FÍXOSE O DESEÑO DAS PERSONAXES NA APP DOODLE, QUE NOS PERMIRÍU IMPRIMILAS EN 3D PARA DESPOIS COLOREALAS NAS AULAS.
CON ISTO O EQUIPO DE BIBLIOTECA MONTOU UN STOP MOTION , CONSEGUINDO QUE AS IDEAS QUE PARTIRON DAS AULAS SE CONVERTERAN NUNHA FANTÁSTICA CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN.
ADEMÁIS COA IMPRESORA TRES D TAMÉN FIXEMOS OS MARCAPÁXINAS DESTE ANO, CADA QUEN DECOROU O SEU .
SE QUEREDES VER O PROCESO DE COMO FORON DESEÑADOS E DE COMO TRABALLA A IMPRESORA 3D, PODEDES FACELO NO BLOGUE DA PEPATECA OU DIRECTAMENTE PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE:
E NON VOS PERDADES A MONTAXE DA PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS PICANDO EN
PARA REMATAR LEMOS UN PRECIOSO E ORIXINAL CONTO QUE VIÑA NA CARPETA VIAXEIRA E QUE RESULTA IDEAL PARA TRANSMITIR O VALOR DOS LIBROS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario